Cotas Colexiais 2º Semestre 2022
Data: Marzo 28, 2024

Cotas COTSG 2022. Remesa 2º Semestre.

Prazo: ata o 13 de decembro de 2022

A mediados do mes de decembro, vaise tramitar a remesa de recibos do segundo semestre do ano 2022

Os importes, igual que nestes anos anteriores son os seguintes:

TIPO DE PERIODICIDADE
TIPO DE COTA ANUAL (Modalidade 2) SEMESTRAL (Modalidade 3)
Cota colexial regular

(persoas en activo)

150,00 € (xuño) 75,00 € (xuño)  / 75,00 € (decembro)
Cota colexial reducida 37,50 € (xuño)  / 37,50 € (decembro)

*COTA COLEXIAL REDUCIDA 2022:

A cota colexial reducida poden solicitala as persoas que se atopen nalgunha das seguintes situacións:

  • Persoas en desemprego.
  • Persoas en activo cunha xornada laboral igual ou inferior a 20 horas semanais.
  • Persoas en activo que ocupen un posto de traballo de categoría inferior á categoría 2 Titulado/a Universitario/a Medio.
  • Bolseiras/os
  • Persoas Colexiadas que realicen actividade profesional por conta propia no seu primeiro ano de alta como autónoma/o

Para solicitar a cota reducida correctamente debedes seguir as seguintes instrucións:

Remitir a solicitude antes do 13 de decembro de 2022 (A solicitude está en formato formulario web):

FORMULARIO

  Achegar xunto coa solicitude o informe de vida laboral. Este informe de vida laboral, pode solicitarse na web da Seguridade Social O informe de vida laboral ten que ser recente e actualizado.

A documentación deberá ser remitida ao correo electrónico info@traballosocial.gal ou correo postal.

No caso de ter algunha dúbida poñerse en contacto co colexio en info@traballosocial.gal ou no 981 568 100

Recordade:  O prazo de recepción de documentación remata o 13 de decembro de 2022. Toda aquela documentación recibida fóra destes prazos non terá validez para a aplicación da cota reducida. As persoas que se colexiaron neste semestre tamén deberán remitir a documentación.

As persoas que teñades que facer algún cambio nos vosos datos, debedes comunicárnolo canto antes.

NOTA IMPORTANTE:

TODAS AQUELAS PERSOAS QUE SE TEÑAN ACOLLIDO Á REMESA EXTRAORDINARIA CON DESCONTO POR PRONTO PAGO ESTÁN EXENTAS DE PAGO ATA O VINDEIRO ANO E NON É PRECISO ENVIAR NINGUNHA DOCUMENTACION.

AS PERSOAS QUE SOLICITEN PAGO SEMESTRAL E SE QUEIRAN ACOLLER Á COTA REDUCIDA TERÁN QUE SOLICITALO E ACREDITALO TANTO NO 1º SEMESTRE (XUÑO) COMO NO 2º SEMESTRE (DECEMBRO)