Formación

Convocatoria propostas teleformación

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) abre o prazo de presentación de Propostas de Accións Formativas na modalidade de teleformación co obxectivo de conxugar a promoción da participación dos traballadores/as sociais na práctica docente coa formación de nivel de iniciación demandada polas persoas tituladas recentemente e as persoas en desemprego.

Neste sentido o COTSG, ante a boa acollida da formación en liña e o incremento da demanda desta modalidade formativa por parte das propias persoas colexiadas, decide facer pública a presente convocatoria.

Prazo de presentación de propostas: ata o 3 de novembro de 2024 ás 24:00h

Documentación:

Ponte en contacto

Enviando un correo

formacion@traballosocial.gal

Chamando

981 56 81 00 ext.3