ARELAS presenta o Programa Impúlsa-T
Data: Marzo 29, 2024

Desde ARELAS (Asociación de familias de menores Transexuais) presentan un novo programa, Impúlsa-T.

Desenvolver o seu proxecto de vida con liberdade, dignidade e igualdade de oportunidades é un dereito fundamental de todos xs seres humanos. Para lograr esta meta, dende ARELA crean Impúlsa-T dirixido a xóvenes trans de 14-20 anos, buscando unha futura inclusión social e laboral a través da participación, o apoderamento e a significación persoal, ofrecendo as ferramentas que posibiliten o fortalecemento e a autonomía dxs xóvenes trans de Galicia na súa contorna social.

Con este programa único e pioneiro en toda Galicia, dase cobertura a unha prestación necesaria e ineludíbel consistente en reducir a vulnerabilidade e a discriminación que sofren xs adolescentes trans de Galicia, de maneira que disminúan os factores que xs fan máis vulnerables e provocan a súa exclusión familiar, social e laboral.

Profesionais de distintas disciplinas con experiencia no traballo das vivencias trans, buscan promocionar á persoa en todas as esferas da súa vida, traballando coñecementos, habilidades, actitudes e valores.

Neste programa ofértase un lugar de encontro e creación de experiencias en modo de grupos de apoio mútuo entre pares, asesoramento legal, acompañamento sicolóxico, obradoiros e actividades ao aire libre en entornos seguros e transpositivos.

Para poder participar neste programa débese escribir a:  arelasasociacion@gmail.cominfoarelas@gmail.com, mandar un wassap ou chamar ao 686 160 465, en horario de luns a venres de 10:00-14:00 e de 17:00-20:00 Hs.