ARELAS presenta: “Cuída-T: Programa psico-educativo para a inserción social de xóvenes trans de Galicia”.
Data: Abril 26, 2024

“Cuída-T”, consiste en previr situacións de risco e/ou consumo de substancias, fomentando o proceso de maduración da mocidade, desenvolvendo os seus recursos persoais e relacionais para facilitar a súa inserción social.

O programa oferta asesoramento e acompañamento psicoeducativo, grupos de apoio entre pares, obradoiros e actividades ao aire libre en entornos seguros nos que poder evadirse de miradas ou o escrutinio ao que estxs menores se enfrontan diariamente.

Para formar parte deste programa podes escribir un mail a:  arelasasociacion@gmail.com, ou ben enviar un whatsapp ou chamando ao  686 160 465, en horario de luns a venres de 10:00-14:00 e de 17:00-20:00 Hs.