Aplicativo: Galegas con recursos
Data: Abril 18, 2024

A app Galegas con Recursos é un directorio de recursos para mulleres vítimas de violencia de xénero, coa que se pretende centralizar nunha única ferramenta todos os recursos dispoñibles en Galicia para as vítimas de violencia de xénero.

O obxectivo desta app é facilitar o acceso á información sobre todos os recursos dispoñibles para que poida ser utilizada por calquera persoa que queira estar informada, pero tamén é de utilidade para as entidades, asociacións e profesionais que traballan con mulleres vítimas de violencia de xénero, pois lles permite facilitar e axilizar o seu labor concentrando todos os recursos nunha app á que se pode acceder desde a palma da súa man.

É un app áxil e intuitiva onde se pode atopar a información de maneira sinxela e directa de todos os recursos existentes agrupados segundo a súa área.

Xa está dispoñible para Descarga a través de Google Play