Apertura do prazo novas inscricións listaxes profesinonais
Data: Abril 19, 2024

O COTSG informa que entre o 6 e o 20 de novembro estará aberto o prazo para NOVAS inscricións nas listaxes profesionais de aplicación no ano 2022: docencia, tribunais, expertos/as, profesionais independentes, mediación e peritaxe.

Os requisitos de acceso e procedemento de inscrición pode ser consultado na páxina web do Colexio no seguinte enlace: https://traballosocial.gal/listaxes-profesionais/

As solicitudes, conforme aos Anexos establecidos nas bases e xunto coa documentación mínima*, deberán ser remitidos a través do correo info@traballosocial.gal dentro do prazo establecido.

As novas solicitudes, de ser o caso, serán valoradas polo COTSG segundo o recollido no apartado 3 das bases, publicando a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas a segunda semana de decembro.

Fronte a esta resolución as persoas solicitantes poderán presentar alegacións no prazo de 5 días hábiles dende a súa publicación.

A Listaxe definitiva publicarase na páxina web do COTSG tras ser previamente aprobada pola Xunta de Goberno.

Do mesmo xeito, aquelas persoas que desexen causar baixar nalgunha das listaxes deberán comunícalo no mesmo prazo a través do mesmo correo indicando “baixa” e o nome da listaxe que corresponda.

*Documentación:

Solicitude debidamente cumprimentada e asinada (ver anexo I).

Declaración xurada da veracidade dos méritos presentados (marcar na solicitude).

Cláusula de protección de datos asinada (marcar na solicitude).

CV actualizado onde consten claramente os méritos alegados para o cumprimento de requisitos.

Copia da documentación acreditativa pertinente (vida laboral, contratos, certificados de funcións, diplomas/certificados…).

Podes acceder a toda esta documentación aquí.