En resposta ás numerosas consultas recibidas sobre o uso do certificado persoal para funcións laborais, e debido á inexistencia de alternativas adecuadas para evitar que os expedientes tratados no labor profesional queden asociados no cartafol persoal, queremos informarlles dos pasos que levamos a cabo:
Consulta coa Axencia Española de Protección de Datos (AEPD): Consultamos coa AEPD sobre a problemática do uso de certificados persoais. A resposta da AEPD indicou que os certificados deben ter o nome da persoa que asina ou un pseudónimo, e que cada administración pública debe dotar ás persoas empregadas dun certificado específico.
Escrito á Xunta de Galicia: Enviamos unha comunicación formal á Xunta de Galicia expoñendo a problemática. Recibimos unha resposta na que recoñecen a situación e infórmannos que están a traballar nunha solución a través de AMTEGA, a empresa pública que xestiona o sistema informático para a Xunta de Galicia.
Exploración de Alternativas por parte do COTSG: Ante a resposta da Xunta de Galicia, exploramos a posibilidade de converternos en emisores de certificados. Con todo, as administracións públicas non aceptarían estes certificados emitidos polo noso colexio.
Proposta de Alternativa: Como solución temporal, elaboraremos un titorial onde mostraremos a posibivildade de ocultar os datos persoais no momento da firma, deixando soamente o nome da/o profesional.
Polo de agora, mostramos un Titorial sobre como se pode realizar unha sinatura electrónica mediante Adobe Reader, Adobe Acrobat ou Autofirma sen que no documento asinado se mostre o propio
NIF: Prema para ver o documento titorial
Continuamos traballando para atopar unha solución definitiva que facilite o uso de certificados dixitais adecuados para as nosas funcións laborais sen comprometer a privacidade dos nosos expedientes profesionais