A NOVA CANDIDATURA Á XUNTA DE GOBERNO DO COTSG FOI PROCLAMADA ESTA MAÑÁ
Data: Abril 27, 2024

Finalizado o prazo de presentación de candidaturas sendo só unha a presentada e cumprindo os requisitos esixidos, procedeuse á proclamación das e dos integrantes da única candidatura ás eleccións a Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, debendo tomar posesión dos seus cargos dende este momento.

Este novo equipo conta, entre os seus obxectivos, defender e renovar os servizos sociais públicos, o impulso e presenza da profesión do Traballo Social noutros sistemas de protección social, a apertura de novos nichos de mercado e a participación do terceiro sector, todo isto coa firme convicción de afianzar a figura do Traballo Social como profesional do ámbito social.

É unha nova andadura chea de compromiso, ilusión, traballo en equipo, coidado profesional, e por suposto, sempre rexida pola ética e os valores que fan do Traballo Social unha profesión única.

Contamos contigo, o Colexio somos todas e todos!

Podes consultar o programa desta nova Xunta de Goberno no seguinte documento:

Programa-Facemos-Traballo-Social