¿QUE ACCIÓNS LEVOU A CABO O COTSG DURANTE O MES DE NOVEMBRO?
04/11/2021 A Presidenta do COTSG, Miriam Rodríguez, acude á reunión da proposta do Modelo de Acreditación do Desenvolvemento Profesional Contínuo (DPC), elaborado polo Consello Xeral de Traballo Social e presentado en Asemblea en marzo 2020.
05/11/2021 Xuntanza da Comisión de Infancia e Familia do COTSG.
12/11/2021 Presentación da Quenda de Garda social na Mesa interlocal de Violencia de Xénero en Lousame.
16/11/2021 A Técnica Nerea Fernández participa na elaboración da Guía con perspectiva de xénero de Traballo Social do Consello Xeral de Traballo social.
19/11/2021 Presentación na Escola Universitaria de Traballo social dos beneficios e servizos de estar colexiada/o.
22/11/2021 Taller do Consello Xeral respecto as cotas impagadas por parte das persoas colexiadas.
24/11/2021 Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia reúnese coa Secretaria Xeral Técnica e co Subdirector Xeral de dependencia e valoración da discapacidade.
24/11/2021 Reunión interna respecto á proclamación da única candidatura presentada.
26/11/2021 Xunta de Goberno
30/11/2021 Presentación da Quenda de Garda social no Concello de Carballo.
30/11/2021 O Secretario Antonio Doval acude a recoller os premios da Medalla de Oro na Cidade de Lugo, mérito para as e os T.s como servizos esencias en época de pandemia.
No apartado de formación leváronse a cabo:
Iniciáronse as seguintes accións formativas:
“Intervención social con persoas que presentan problemas relacionados co consumo de drogas e outras condutas adictivas”, no que tomaron parte 13 persoas.
Abriuse o prazo de inscrición no Webinar [Presentación do novo portal do MATIASS] que se celebrará o vindeiro 14 de decembro, en modalidade online, co fin de dar a coñecer o novo portal aos profesionais usuarios do MATIASS.
Remataron os seguintes cursos:
- “Intervención social con mulleres e nenos/as vítimas de violencia sexual” que contou con 69 participantes.
- “Curso Introdutorio [Supervisión: Un instrumento para a calidade da intervención social e o autocoidado das/os profesionais]”, no que participaron 12 persoas.
Información mes de novembro en Defensa da Profesión
1. Queixas e reclamacións
Recursos a día 26.11.2021 : A Estrada
Recomendacións: Culleredo
- Posicionamento responsabilidade técnica SAF.
- Xuntanza Secretaria Xeral Tecnica + Subdirección – Modificación Decreto dependencia
- Consideracións ante a modificación do decreto de dependencia
- Consideracións modificación decreto atención primaria
- Consideracións Unidades asistenciais multidisciplinares SERGAS