Vén de publicarse a prórroga do denominado escudo social.
Data: Novembro 26, 2024

No día de onte, 27 de outubro, publicouse o Real Decreto-Lei 21/2021, do 26 de outubro, polo que se prorrogan as medidas de protección social para facer fronte a situacións de vulnerabilidade social e económica.

Entre as medidas destacan especialmente:

  • A suspensión dos desafiuzamentos de persoas en situación de vulnerabilidade sen alternativa de vivenda.
  • Prohibición de cortes de suministros as persoas vulnerables e ampliación do dereito ao bono social para determinados colectivos.
  • Medidas sobre grandes propietarios: cando a alugueira/o se encontre en situación de vulnerabilidade o gran propietario terá que elixir entre levar a cabo unha quita do 50% do alugamento ou unha reestructuración da débeda ao longo de, polo menos, tres anos.
  • Ampliación da solicitude de prórroga do contrato de alugamento. durante seis meses para impedir subidas abusivas.
  • Prórroga da consideración esencial dos servizos de protección e asistencia a vítimas de violencia de xénero, incluíndo información e asesoramento 24 horas, servizo de acollida, sistema de seguimento do cumplimento de medidas cautelares, entre outras.

Premendo aquí, tes acceso ao Real-Decreto completo.