Desde o Colexio de Traballo social regalamos 3 entradas para asistir de xeito presencial ao XVI Congreso Estatal e ao II Congreso Iberoamericano de Traballo Social, que terá lugar en Maio de 2022 en Cidade Real.
Entra nas nosas redes sociais e participa no sorteo respondendo nos comentarios da publicación do Congreso sobre o sorteo: Cal é a esencia do Traballo Social? , dálle a “Me gusta” e menciona a 2 Traballadores/as sociais cos que quererías asistir ao Congreso.
Primeira.- Obxecto
O Colexio de Traballo Social de Galicia (COTSG) pon en marcha un sorteo co ánimo de premiar ás e aos profesionais colexiados para que poidan asistir de xeito gratuíto ao XIV Congreso Estatal e II Congreso Iberoamericano de Traballo Social.
Segunda.- Persoas destinatarias
Poderán optar ao concurso as persoas físicas maiores de idade que cumpran cos seguintes requisitos:
- Estar de alta como colexiada e ao corrente das cotas
- Aceptar integramente as presentes bases así como a resolución por parte da organización de calquera problema non recollido nas mesmas.
Terceiro.- Duración
O sorteo iniciarase o xoves 30 de setembro ás 12:00 horas, finalizando o prazo de participación o xoves 14 de outubro ás 23.59 horas.
Cuarto.- Mecánica do Concurso
Para participar deberás cumprir estes tres requisitos en polo menos unha das nosas redes sociais (Facebook, Instagram):
- Seguir a conta do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia na rede social correspondente
- Dar like á publicación sobre o Congreso na que aparece a palabra SORTEO.
- Indicar nos comentarios da publicación sobre o Congreso:
- Responder á pregunta: Cal é a esencia do Traballo social?
- Menciona 2 Traballadores/as sociais cos que quererías asistir ao Congreso
Só permitirase participar unha única vez en cada unha das nosas contas de redes sociais en Facebook, Instagram. Por tanto, cada persoa colexiada a terá como máximo, 2 posibilidades de gañar un dos premios. No caso de que unha mesma persoa comente máis dunha vez, só será tido en conta para participar o primeiro comentario válido deixado en cada unha das redes sociais, a condición de que cumpra os outros dous requisitos necesarios para participar.
Quinta.- Premio
No conxunto do presente sorteo dará dereito a gozar dunha das dúas (3) inscricións gratuítas que sorteamos para asistir de forma presencial ao XIV Congreso Estatal e II Congreso Iberoamericano de Traballo Social, que terá lugar os días 26,27 e 28 de maio de 2022 en Cidade Real.
As persoas gañadoras do sorteo do Colexio do Traballo Social serán seleccionadas de forma aleatoria pola aplicación de Comment Picker. Esta ferramenta elixirá a 3 gañadores/ as e 15 suplentes para a inscrición gratuíta ao congreso.
- Especificacións do premio:
- O premio obxecto do presente sorteo non poderá en ningún suposto, por parte da persoa gañadora, ser obxecto de cambio, alteración, ou substitución por outro premio, e en ningún caso, poderá trocarse polo seu valor en metálico nin ser vendido. A persoa gañadora non poderá transferir o premio aínda cando renunciase ao mesmo.
- O premio dá dereito a gozar dunha inscrición gratuíta ao congreso, podendo asistir de forma presencial aos relatorios e actividades organizados dentro do programa do mesmo.
- Non inclúe desprazamentos ata Cidade Real. Tampouco o aloxamento nin a manutención durante o congreso.
A participación no presente sorteo supón a aceptación íntegra de todas as cláusulas contidas no presente documento. O seu incumprimento por parte da persoa participante implica a renuncia implícita á súa participación. Os rexistros recibidos fóra do período promocional, non se considerarán aptos para participar. O COTSG resérvase o dereito de eliminar e/ou reter as participacións a calquera usuario/a que defraude, altere ou inutilice o bo funcionamento e o transcurso normal e regulamentario do presente sorteo, ou que vulnere as condicións xerais de contratación. O Consello Xeral do Traballo Social pretende que todas as persoas colexiadas concursen en igualdade de condicións en cada unha das promocións e con estrito respecto ás normas da boa fe. Por iso, calquera detección de utilización abusiva ou fraudulenta durante o sorteo, dará lugar á descualificación do/da participante da promoción.
Sexta.- Elección das persoas gañadoras e Entrega dos premios
A partir do xoves, 14 de outubro de 2021, o COTSG contactará coa persoa gañadora por redes sociais para informarlles de que resultou premiado/a e de como proceder para gozar do seu premio.
A persoa premiada deberá aceptar o premio de forma expresa, respondendo a mensaxe que reciba informándolle de que resultou premiado/a. Pode manifestar a súa vontade de rexeitalo polo mesmo medio, antes do 30 de outubro ás 23:59h. Adicionalmente, no caso de que algún/a de os/ as premiados/ as non cumpra coas condicións de participación, contactarase con outra persoa suplente. En caso de non recibir resposta no prazo estipulado, os premios quedarán desertos.
(Estas condicións poden sufrir calquera cambio sen aviso previo/previo aviso).
Sétimo.- Información relativa ao tratamento dos seus datos persoais
De conformidade coa normativa vixente, infórmase ao/á participante de que os seus datos persoais serán tratados polo Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia. Rúa Dublín 6, baixo (Fontiñas), 15707- Santiago de Compostela ( A Coruña). Os datos requiridos son necesarios para participar na presente promoción, polo que a súa non achega impedirá a participación na mesma.
O tratamento dos datos persoais farase conforme ao marco establecido na política de privacidade do propio Colexio Oficial de Traballo Social: https://traballosocial.gal/politica-de-privacidade/