Bases reguladoras e procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social
Data: Novembro 27, 2024

Vén de publicarse a Orde do  9 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionado por esta consellería (código de procedemento BS623D).

  • Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades do terceiro sector de acción social definidas no artigo 2 da Lei 43/2015, do 9 de outubro, do terceiro sector de acción social, e a Cruz Vermella Española, sempre que reúnan os requisitos establecidos nas bases, que podes consultar aquí.
  • As subvencións destinaranse a programas de interese xeral que teñan fins de carácter social. O contido dos programas deberá axustarse ás liñas de actuación sinaladas a continuación, segundo a tipoloxía de cada programa. Os programas desenvolveranse no ano 2022, sendo a data límite de presentación da documentación xustificativa o 15 de febreiro de 2023, segundo o estipulado no artigo 23.

Podes consultar a Orde completa aquí.