(Lei 14/2021) Modificación da Lei Galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
Data: Novembro 27, 2024

Modificación da Lei 11/2007, de 27 de julio, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, para recoñecer como vítimas de violencia de xénero a aquelas mulleres que teñen ou tiveron que padecer homicidio, asasinato ou calquera outra forma de violencia exercida sobre as fillas e fillos da muller ou de calquera outra persoa estreitamente vencellada a ela, por parte de quen sexa ou fose o seu cónxuxe ou por quen mantivo con ela unha relación análoga de afectividade aínda sen convivencia.

  • Engádese un parágrafo a continuación do artigo 1.2 co seguinte contido:
    • «Inclúese dentro do concepto de violencia de xénero a violencia vicaria,
      entendida esta como o homicidio, asasinato ou calquera outra forma de violencia
      exercida sobre as fillas ou fillos da muller, así como sobre calquera outra persoa
      estreitamente unida a ela, coa finalidade de causarlle maior dano psicolóxico, por parte
      de quen sexa ou fose o seu cónxuxe ou por quen mantivo con ela unha
      relación análoga de afectividade aínda sen convivencia.»
  • Modifícase a letra g do Artigo 3:
    • « g) O homicidio, asasinato ou calquera outra forma de violencia exercida sobre
      as fillas ou fillos da muller, así como sobre calquera outra persoa estreitamente
      unida a ela, coa finalidade de causarlle maior dano psicolóxico, por parte de quen
      sexa ou fose o seu cónxuxe ou por quen mantivo con ela unha relación análoga de afectividade
      aínda sen convivencia.»
  • A letra b do Artigo 5, queda redactada da seguinte maneira:
    • « b) Sentenza condenatoria na orde penal por homicidio ou asasinato das
      fillas ou fillos da muller, así como de calquera outra persoa estreitamente unida a ela,
      por quen sexa ou fose o seu cónxuxe ou por quen mantivo con ela unha
      relación análoga de afectividade aínda sen convivencia ou calquera outro documento que
      acredite a violencia vicaria; así como as demais sentenzas de calquera orde
      xurisdicional que declaren que a muller sufriu violencia en calquera das
      modalidades definidas nesta lei.»
  • Ademáis engádese o carácter retroactivo, recoñecendo así os dereitos descritos nesta lei ante feitos ocorridos con anterioridade.

Para consultar esta modificación, podes facer clic aquí