A CONTINUACIÓN PRESENTAMOS AS DATAS:
***Lembrade! que para poder votar ou presentar candidaturas é necesario actualizar datos persoais, académicos e laborais no novo espazo persoal da web, fai clic aquí (Cadriño verde).
PODEDES PRESENTAR AS VOSAS CANDIDATURAS, LEMBRADE QUE TANTO A SEDE DO COLEXIO (EN HORARIO DE OFICINA) COMO AS REDES SOCIAIS ESTARÁN DISPOÑIBLES PARA TODAS/OS CANDIDATAS/OS
***Para presentar candidaturas debedes elaborar un documento que inclúa:
- Unha relación das persoas integrantes que se presentan.
- Unha pequena recensión curricular de cada unha e un dos membros.
- Proposta electoral.
Atendendo aos estatutos:
Artigo 46. Convocatoria de eleccións
2. Para optar á Xunta de Goberno do Colexio de Traballo Social de Galicia, os e as candidatos/as deberán facelo agrupados/as en candidaturas, nas cales identificarán o posto a que optan.
3. As candidaturas poderán incorporar un máximo de 3 persoas suplentes que poidan incorporarse por cesamentos ou renuncias das persoas que conforman a candidatura.
Artigo 47. Condicións de elixibilidade
1. Poderán formar parte da Xunta de Goberno todas as persoas colexiadas que non o teñan prohibido por resolución xudicial ou administrativa e, ademais, estean ao día no cumprimento das obrigas colexiais.
2. En ningún caso poderá un mesmo candidato presentarse para dous cargos da Xunta de Goberno.
Artigo 49. Convocatoria electoral
3. As candidaturas deberán presentarse completas. En todo caso, deberán presentar plan de traballo e currículum das persoas que a integran.
Todo isto debe ser remitido por correo certificado ao Colexio de Traballo Social de Galicia: Rua Dublín, nº 6, Portal 3, C.P.: 15707, Santiago de Compostela. Tamén se poderá adiantar por correo electrónico a dirección: info@