Ata o día 30 de setembro podes votar a túa candidata aos Premios e Dinstincións de Unión profesional de Galicia 2021!!
Aquí deixamos unha breve recensión curricular de cada unha das candidatas:
ANA ISABEL GUILLÉN VILANOVA
Traballadora Social no ámbito da saúde. 32 anos no exercicio profesional. Forma parte da Área Sanitaria de Santiago-Barbanza. Foi Secretaria do Comité de Ética Asistencial dende xaneiro 2015 ata xaneiro 2019. Actualmente é Vogal do Consello de Bioética de Galicia desde novembro 2015.
MARÍA JOSÉ NÓVOA RODRÍGUEZ
Traballadora Social experta no ámbito da saúde mental. 20 anos no exercicio profesional. Directora Técnica Xeral da Asociación de Axuda ó enfermo mental “A Mariña”. Pioneira na creación da primeira vivenda tutelada para mulleres vítimas de violencia de xénero con enfermidade mental.
EVA RIVAS PEREIRO
Traballadora Social e Docente. 24 anos no exercicio profesional. Desenvolve a profesión nun centro de saúde de atención primaria desde 1997. Membro do Comité de Ética Asistencial da Xerencia de Atención Integrada de Santiago de Compostela, da Mesa Sectorial contra a Violencia de Xénero no concello de Melide e tamén colaborou cos Institutos de Ensinanza Secundaria de Melide e Arzúa en actividades de Prevención do Consumo de Alcol na Adolescencia. Actualmente colabora no proxecto de saúde bucodental para crianzas de Educación Primaria, CEIP Toques, en colaboración co departamento de odontoloxía do Centro de Saúde e tamén colaborou ata o ano pasado no programa de Deshabituación Tabáquica no mesmo centro.
ANTÍA SOBRINO BERNALDO DE QUIRÓS
Diplomada en Traballo Social. Licenciada en Socioloxía. 14 anos no exercicio profesional. Máster en Cooperación Internacional e Axuda ao Desenvolvemento. Na actualidade traballa nos Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Ourense (dende o ano 2014). Ten desenvolvido a súa actividade profesional no Concello do Barco de Valdeorras, en entidades do Terceiro Sector (relacionadas coas áreas de Saúde e de Inmigración), no SERGAS (tanto en Centros de Saúde como en Complexos Hospitalarios) e no Consorcio Galego da Igualdade e do Benestar como técnica de inclusión.
ESTHER PEREZ MONTES (TESI)
Traballadora Social experta no ámbito sanitario. Máis de 30 anos no exercicio profesional. Actualmente traballa no Servizo Galego de Saúde. Voluntaria nos programas de desenvolvemento comunitario da Cruz Vermella. Pioneira nun programa innovador no ámbito comunitario e de saúde, cuxo obxectivo é a prevención, información e asesoramento en saúde sexual e reprodutiva dentro do Servizo Galego de Saúde.
ANA VILAR VARELA
Traballadora Social e docente. Máis de 30 anos de exercicio profesional no ámbito dos servizos sociais comunitarios e entidades do teceiro sector. Directora de servizos, programas e centros de servizos sociais, entre os que destaca a oficina de atención a dependencia do concello da Coruña. Vogal do Colexio Oficial de Traballo Social e no Consello Xeral de Traballo Social, ademáis de ser nomeada como integrante no Grupo de expertos/as “Nuestras voces” por este último. Ampla formación en ética e áreas de xestión e planificación de servizos sociais. Membro da comisión deontolóxica do Colexio de Traballo Social de Galicia.