25/02/2022
DECRETO 20/2022, do 24 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia. Podes consultar este decreto, aquí.
03/11/2021
Nota aclaratoria sobre a convocatoria de solicitudes de inclusión en listas únicas publicada no DOG do 18 de outubro de 2021. Podes consultar o contido da nota aquí.
18/10/2021
RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a inclusión nas listas únicas para a cobertura, con carácter transitorio, de prazas reservadas a persoal funcionario en determinados corpos, escalas ou especialidades de persoas integrantes de listas de contratación temporal de categorías profesionais laborais equivalentes, ao abeiro do establecido no artigo 5.2 da Orde do 20 de xullo de 2021.
Esta resolución de momento NON inclúe entre as categorías ao Traballo Social.
A ter en conta:
3.2. Figurar admitido/a nalgunha lista das categorías profesionais laborais equivalentes ao corpo, escala ou especialidade de persoal funcionario en que se solicita a inclusión en listas, de conformidade coas equivalencias establecidas no anexo do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, modificado pola Orde do 10 de marzo de 2021, que se recollen no anexo II desta resolución.
08/10/21
RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai pública a relación de persoas excluídas con carácter provisional das listas únicas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario de determinados corpos, escalas ou especialidades, resultantes da transformación de oficio de listas das categorías profesionais laborais equivalentes, ao abeiro do establecido no artigo 4.2 da Orde do 20 de xullo de 2021. Toda a información aquí
20/08/21
Mediante a orde do 20 de xullo de 2021 se levará a cabo unha transformación das listaxes de persoal laboral temporal da Xunta.
Vense de publicar a Orde do 20 de xullo de 2021 pola que se desenvolve a disposición transitoria segunda do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, e se aproba o modelo normalizado de solicitude.
Esta orde informa de que se vai a levar a cabo unha transformación das listaxes de persoal laboral temporal, pasando a convertirse nunha lista única como resultado da funcionarización . A ter en conta:
- A Consellería de facenda e administración pública, publicará unha resolución coa listaxe única provisional, polo que é importante prestar especial atención para poder subsanar posibles erros.
- O baremo continuará a ser o mesmo.
- As persoas que xa formaban parte da lista de persoal laboral temporal, seguiránse mantendo.
Por suposto, desde o COTSG seguiremos este procedemento para informar en canto se publique a resolución.
Accede a Orde aquí