Xa está aberto o prazo de inscrición e de presentación de resumos de comunicacións do XIV Congreso Estatal e II Iberoamericano de Traballo Social 2022, que se celebrará en Ciudad Real os días 26, 27 e 28 de maio de 2022.
Desde 1968 o Consejo General del Trabajo Social celebra cada catro anos o Congreso Estatal de Traballo Social, sendo un espazo de encontro entre profesionais, de reflexión sobre o estado do Traballo Social e de debate sobre propostas que orienten e estimulen as actuacións presentes e futuras da profesión.
O Congreso celebrarase de forma presencial e online. No cartel do evento aparecen cinco traballadoras/es sociais que representan os tres eixes deste Congreso: Ética, xeración de coñecemento desde a práctica profesional e espazos sostibles e libres de desigualdade.