O Día 16 de marzo emitiuse a entrega de do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, celebrada de forma telemática pola situación sociosanitaria.
Entrega de Premios do Día Mundial do Traballo Social 2021
Data: Novembro 27, 2024
Con esta iniciativa o Colexio tenta incentivar a participación das persoas colexiadas e ao mesmo tempo, divulgar o labor profesional entre a sociedade. Agradece a todas as persoas participantes, premiadas e membros do xurado a súa implicación para outra exitosa edición dos premios, marcada nesta ocasión pola situación que todas e todos atravesamos.
Na categoría de Investigación, resulta gañadora “A Investigación premiada nesta modalidade é a denominada “Necesidades sociais da poboación da zona rural norte. Visión desde o Traballo Social”, de Rosa Ana Baleirón Baamonde.
Na categoría de Boas Prácticas, recoñécese o “Servizo de Atención Psicosocial Urxente Covid19” presentada por Noela Lorenzo Gallego en colaboración co equipo de traballo conformado por Montserrat Rosales, Iria Cambra e Tania García.
Na categoría de Traballo de Fin de Grao- Traballo de Fin de Máster, O TFG premiado é o titulado “Persoas trans: Unha realidade oprimida. Investigación cualitativa en Traballo Social”, presentado por Iago Aperador.
Podes ver o vídeo completo da entrega de premios aquí.