Resumo das actividades do equipo e a Xunta de Goberno do COTSG do mes de marzo 2021
Data: Novembro 27, 2024

05.03.2021 Xuntanza coa Universidade de Vigo para dar comezo á diagnose do Sistema de Servizos Sociais na Comunidade Autónoma galega.

09.03.2021 Reunión do seguimento da páxina Web

13.03.2021 O COTSG acude á Asemblea Xeral do Consello Xeral de Traballo Social

26.03.2021 O COTSG reúnese con Olalla Rodil, do BNG para trasladarlle as eivas existentes no Sistema de Servizos sociais

27.03.2021 Xuntanza da Mesa de SAF como obxectivos xerais os seguintes:

  • Elaborar un modelo de ordenanza reguladora de SAF
  • Elaborar un modelo de regulamento de sAF
  • Elaborar un modelo de pregos de SAF

29.03.2021 A Técnica Nerea Fernández e a Traballadora social Karina Pérez, participan no Seminario de Boas prácticas da psicoloxía e do social para a atención das mulleres que sofren violencia de xénero.

30.03.2021 Reunión do Grupo de traballo e Inclusión social do COTSG.

Queixas e reclamacións

Remitiuse a todos os Concellos de Galicia modelo de bases de proceso selectivo Traballador/a social e consideracións. Consúltaos aquí:

MODELODEBASESTRABALLOSOCIAL.

RECOMENDACIONS_CONCELLOS

Revisión de Bases Concellos: Chantada, Ponteareas, Ortigueira, Carral, O Pino, Cabana de Bergantiños, Muxia, Sober, Meis, Cedeira.

Recursos interpostos: Ortigueira, Ponteareas, Carral.

Novas:

Consideracións do Certificado do IMV. Consúltao aquí: ConsideraciónsIMVcertificado.

Reclamación da vacinación para o persoal de Traballo social. Consúltao aquí: Consulta_Vacinas

Creación dunha canle de difusión en Telegram de información para a colexiación.

O COTSG retoma a súa actividade e atención presencial na súa sede (rúa Dublín 6, baixo, Santiago de Compostela en horario de 9 a 19h de luns a venres.

O COTSG consegue a retirada dunha noticia vexatoria para unha persoa sen teito en La Voz de Galicia.

Formación

Accións formativas iniciadas:

  •  Traballo Social Forense, con 21 persoas inscritas.
  • Persoas sen fogar e feminización da pobreza, con 100 participantes, no marco da colaboración coa
  • Dirección Xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia.
  • Introdución á Ética de Intervención Social con 20 persoas participantes, promovido pola Deputación da Coruña ao abeiro do Plan Integrado de Formación 2021.

Pílulas e webinars desenvolvidos:

  • O 2 de marzo celebrouse a Pílula formativa de Fiscalidade e Facturación que contou con 19 participantes.
  • O 3 de marzo tivo lugar a Pílula formativa de Autodefensa Laboral á que asistiron 18 persoas.
  • O 11 de marzo celebrouse o Webinar sobre Emprendemento en Traballo Social que contou coa asistencia de 36 persoas.

Premios Día Mundial do Traballo Social: Publicouse a resolución dos Premios e fíxose un breve acto de entrega virtual no que participaron representantes do xurado e as persoas premiadas, moderado pola Presidenta do Colexio.

Abriuse a inscrición para as seguintes accións formativas:

  • Curso COTSG: Responsabilidade Social de Xénero
  • Curso COTSG: Intelixencia Emocional e Deontoloxía Profesional aplicada ao Traballo Social

Publicáronse 33 accións de formación, externas ao COTSG, de interese para a profesión.