Ingreso Mínimo Vital
Data: Novembro 27, 2024

O COTSG reafirma o seu rexeitamento á normativa sobre o Ingreso Mínimo Vital emanada do Real Decreto-lei 3/2021 de 2 e febreiro, que converte ás e os Traballadores Sociais en ferramentas de control e certificación da pobreza.

A función das e dos profesionais do Traballo Social é a promoción da autonomía da persoa e a súa inclusión social. É un traballo comunitario, social, garantista, e non unha tramitación burocrática.

O estigma social consecuencia desta certificación documental e deste modelo asistencialista choca frontalmente cos obxectivos da intervención social.

Podes consultar aquí as consideracións feitas públicas polo Colexio.