Grupo de Traballo Traballo Social Sanitario

Durante o curso 2026-2027, o Grupo de Traballo de Traballo Social Sanitario continuará traballando para fortalecer e visibilizar o papel do Traballo Social no ámbito sanitario, promovendo a colaboración profesional e o desenvolvemento de ferramentas que contribúan a mellorar a atención integral ás persoas. Nesta nova etapa, darase continuidade aos proxectos iniciados no curso anterior, priorizando o avance e a finalización das iniciativas xa en marcha, así como a coordinación e o intercambio de coñecementos entre as integrantes do grupo.

Liñas de traballo 2026-2027

Os principais obxectivos para este curso son:

  • Avanzar na proposta de triaxe social sanitaria, adaptándoa ás necesidades dos servizos.

     

  • Visibilizar as achegas do Traballo Social no ámbito da eutanasia, elaborando un documento que xustifique a importancia da intervención do Traballo Social no Comité Galego de Eutanasia e a súa contribución ao acompañamento e á atención integral das persoas.

  • Promover a divulgación do Traballo Social Sanitario, desenvolvendo accións e materiais de sensibilización dirixidos tanto aos profesionais como á poboación xeral.

  • Elaborar un mapeo de recursos sociais e sanitarios, que facilite o coñecemento dos servizos dispoñibles e mellore as derivacións e a intervención profesional.

A través destas liñas de traballo, o grupo busca contribuír ao recoñecemento do Traballo Social Sanitario e fortalecer a súa achega á atención integral, á coordinación sociosanitaria e á mellora da calidade asistencial.

Participantes