O Traballo Social na volta ao cole neste novo curso 2026-2027
Data: Setembro 9, 2026

Dende o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia queremos reivindicar o Traballo Social nas escolas galegas máis alá das aulas: unha mirada crítica, preventiva e indispensable para garantir un sistema educativo xusto, inclusivo e libre de violencias. E por iso elaboramos este material para que teñamos en conta e poidamos compartir con familias, compañeiras e outras profesionais.

O que pasa fóra do colexio sempre chega ás aulas: a contorna social, as fendas económicas, os discurso de odio e as situacións de vulnerabilidade atravesan diariamente os muros das escolas

A importancia da detección precoz:

  • Discursos e violencias: identificar as condutas discriminatorias, microracismos, acoso ou discursos de odio, abordándoos sen normalizalos nin reducir o problema a “son bromas”.
  • Risco e desigualdade: detectar as vulnerabilidades socioeconómicas, pobreza infantil, fenda dixital ou illamento social que condicionan o desenvolvemento e benestar da crianza.
  • Contorna e familias: acompañar ante situacións de desprotección, conflitos familiares, malestar emocional severo ou cambios bruscos nas condutas do alumnado.

Non poñer o foco nas vítimas: É importante non recaer sobre a crianza agredida ou vulnerable a carga de explicar o sufrimento nin de solucionar os conflitos. As situacións de discriminación ou risco abordanse como un feito estrutural e comunitario, protexendo á persoa afectada e intervindo de forma interdisciplinar. cando sexa necesario activar os mecanismos do centro, dar formación á comunidade educativa, orientar e coordinar recursos cos servizos sociais comunitarios.

Por que é precisamos a figura do traballo social nas escolas?

Dende o colexio oficial de traballo social de galicia reivindicamos a nosa figura nas escolas:

  • Facer nexo: o traballo social ten conexión real entre a escola, a familia e a comunidade.
  • xestión de conflitos: mediación profesional.
  • equidade e diversidade: atención integral sen prexuízos nin estigmas.
  • garantía de dereitos: detección temperá de calquera tipo de desprotección infantil.

Unha mirada de 360 graos: o Traballo Social trraballa coas crianzas analizando ás persoas en relación a súa contorna familiar, a súa situación socioeconómica e o seu contexto comunitario para intervir de xeito transformador e xusto.

Interveción ante unha situación de alerta:

  1. Detección
  2. Valoración
  3. Coordinación
  4. Acompañamento

O TRABALLO SOCIAL TEN UN COMPROMISO COAS INFANCIAS. GARANTIR UN CURSO INCLUSIVO, XUSTO E SEGURO ESIXE CONTAR COA FIGURA DO TRABALLO SOCIAL NAS ESCOLAS GALEGAS XA!

Podes descargar todo o material no seguinte enlace https://traballosocial.gal/wp-content/uploads/2026/09/Volta-ao-cole-2026-2027.pdf