XUNTA DE GOBERNO
O equipo que representa ao Colexio Oficial de Traballo Social en Galicia e que guiará ao Traballo Social en Galicia nos vindeiros 4 anos.
10 persoas
3 suplentes
4 anos de mandato 2026-2030

PRESENTACIÓN
Unha mensaxe da presidenta

O noso é por definición un proxecto colectivo.
A Xunta de Goberno que teño a honra de presidir asume a responsabilidade de representar o Traballo Social en Galicia, conscientes do compromiso que implica situarse á fronte dunha institución que, con distintas denominacións e soportes xurídicos ao longo do tempo, cumprirá sesenta anos de traxectoria durante o noso mandato.
Cando, en 1967, un grupo de mulleres decidiu crear unha entidade que representase a profesión e contribuíse á súa identificación social, o contexto histórico, social e político era moi diferente ao actual. Porén, daquela como hoxe, mantense intacto o compromiso coa profesión: traballar para que a autoestima e o recoñecemento social do Traballo Social se correspondan coa realidade do seu papel esencial na sociedade.
PRIORIDADES DO MANDATO
Os retos do Traballo Social en Galicia
1
Vivenda
Unha crise que ameaza con facer retroceder a calidade de vida das amplas capas da poboación.
2
Envellecemento
Respostas sociais e comunitarias adaptadas ao envellecemento demográfico.
3
Solidariedade
Fronte ao avance de perspectivas individualistas que cuestionan os principios da profesión.
4
Igualdade
Reforzar a transversalidade do feminismo na práctica profesional.
5
Rigor
Intervencións baseadas nas ciencias sociais fronte a solucións simplistas para problemas complexos.
6
Diversidade
Fronte a criterios que priorizan o aforro económico e a homoxeneización social.
COMPOSICIÓN
Quen formamos a Xunta de Goberno

Rosario Capelo Casas
Presidencia

Ana Carracedo Aldrey
Vicepresidencia

Ana Ares Quintáns
Secretaría

Antonio Doval Canabal
Tesouraría

Cristina Díaz Mira
Vogal

Teresa Elvira Muñíz
Vogal

María Isabel Fernández Lema
Vogal

Ángela Justo Rodríguez
Vogal

Héctor López Santos
Vogal

Estela Villalda Martínez
Vogal
