Entidade Ofertante

Traballador/a Social

Entidade Ofertante

Grupo Probiser
Descrición do posto:

Localización: Vigo

Posto: Traballador/a Social

Vacantes: 2

Descrición do posto

En Grupo Probiser buscamos incorporar a dous Traballadores/as Sociais para integrarse no noso equipo de coordinación do Servizo de Axuda a Domicilio en Vigo. O obxectivo do posto é a xestión, seguimento e valoración dos casos asignados, garantindo a calidade asistencial e o benestar dos nosos usuarios.

Trátase da cobertura de dous postos por substitución de baixa.

Funcións principais

• Valoración inicial de usuarios e elaboración de plans individuais de atención no domicilio.

• Seguimento periódico dos casos e coordinación cos servizos sociais comunitarios e sanitarios.

• Supervisión, xestión de cuadrantes e apoio ao equipo de auxiliares de axuda a domicilio.

• Xestión de incidencias e atención ás familias dos usuarios.

Requisitos imprescindibles

• Titulación: Grao ou Diplomatura en Traballo Social

Experiencia: Mínimo 1 ano de experiencia previa demostrable na xestión de Servizos de Axuda a Domicilio.

Mobilidade: Carné de conducir e coche propio dispoñible para desprazamentos na zona de Vigo.

• Habilidades de comunicación, resolución de conflitos e capacidade de organización.

Condicións laborais

Ofrecemos incorporación inmediata para cubrir dúas vacantes con diferentes opcións de xornada:

Posto 1: Xornada de 39 horas semanais.

Posto 2: Xornada de 30 horas semanais.

• Tipo de contrato: Contrato de substitución (por baixa).

• Horario e salario segundo Convenio aplicable + quilometraxe por desprazamentos.

Envio de CV:cprieto.sadvigo@grupoprobiser.com

Tipo de emprego: Privado
Ir a oferta:
Localización: Vigo -Pontevedra

Contacto