Asemblea 2026

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 2026

Convócase a Asemblea Xeral do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia para o día 12 de xuño de 2026.

Hora:
• 17:00 h. – 1ª Convocatoria
• 17:30 h. – 2ª Convocatoria

Lugar: Modalidade Mixta
• A través da Plataforma Zoom – Online
• E/ou na sede do COTSG (Rúa Dublín, nº 6 – Santiago de Compostela)

ORDE DO DÍA:
• Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea Xeral Ordinaria do ano 2025.
• Presentación e aprobación, se procede, da Memoria de actividades do ano 2025.

Aprobación, se procede, da proposta de Cotas Colexiais.
• Presentación e aprobación, se procede, da Previsión de Gastos e Ingresos para 2026.
• Presentación e aprobación, se procede, da Memoria de económica do ano 2025.
• Presentación e aprobación, se procede, do Plan de Actividades do ano 2026.
• Rogos e preguntas.

Ao realizarse a Asemblea en modalidade mixta e atendendo ao aforo da sede, prégase confirmación de asistencia a través do formulario de inscrición, para poder recibir as instrucións de acceso e o convite por correo electrónico á sesión de Zoom.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 10 de xuño de 2026.

RECORDA: No caso de non poder asistir, é posible utilizar a DELEGACIÓN DE VOTO.

• A delegación deberá ser por escrito e recaer necesariamente noutra persoa colexiada.
• Só serán válidas as representacións entregadas á secretaría antes de dar comezo a Asemblea.

Ao finalizar a xornada, desfrutaremos dun pequeno petisco para compartir un momento de encontro e convivencia entre compañeiras e compañeiros.