RESUMO MENSUAL XUÑO 2024
Repasamos todas as actividades e actuacións realizadas no Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia durante xuño 2024, mes marcado pola celebración da III Escola de Verán, chea de momentos compartidos de coidados, arte e natureza.
04.06.2024 Reunión do Grupo de Traballo de Servizo de Axuda no Fogar.
05.06.2024 Avaliación da Xornada de Traballo Social e saúde co COTSG e o Comité organizador (prema para ver o informe de conclusións).
05.06.2024 Reunión técnica para a organización da Escola de verán.
07.06.2024 Ana Vilar vicepresidenta do COTSG, acude á graduación na EUTS (Escola Universitaria de Traballo Social (+info).
10.06.2024 Reunión do grupo de Traballo social e saúde: ultimando o análise da detección das prazas sen cubrir na comunidade autónoma.
11.06.2024 O COTSG acude ao Foro profesional do Banco Sabadell en Santiago de Compostela.
21,22 e 23 de xuño: Celebración da III Escola de verán (+info)
24.06.2024 No marco da Xornada Garantía Muller: A eliminación do estigma nas vítimas de violencia de xénero da Asociación “FAGAMOS”, concretamos liñas de colaboración novo Director Xeral da Loita contra a violencia de xénero (+info).
26.06.2024 Reunión da Comisión deontolóxica
26.06.2024 Miriam Rodríguez, presidenta do COTSG, e Luz Campello, vicepresidenta e delegada en Galicia da), reúnense co xerente do SERGAS, Jose Ramón Parada e o Conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño.
27.06.2024 O COTSG participa como ponente, a través de Ignacio Iglesias, no Foro Social da Mariña.
28.06.2024 Xunta de Goberno
DEFENSA DA PROFESIÓN
- Revisión do Protocolo de Violencias sexuais e LGBTIFÓBICAS nos eventos e espazos festivos, como parte integrante do Observatorio de Violencia de xénero da Xunta de Galicia.
- O COTSG envía escrito ao Concello de Pontedeume ao publicar no Boletín Oficial da Provincia de Coruña a Resolución da pola que se aproba a listaxe definitiva das persoas admitidas-excluídas no proceso para estabilización do emprego temporal do posto de “Asistente/a social”, detectando unha falta de adaptación á nomenclatura das categorías profesionais vixentes na actualidade, solicitamos a súa aclaración e/ou corrección en relación á praza de Traballo Social (+info)
- Recurso potestativo de reposición fronte á convocatoria e bases reguladoras para cobertura dunha praza de persoal laboral fixo de coordinador/a de Servizos Sociais do Concello de Arteixo.
- O COTSG envía escrito ao Concello de Pontedeume ao publicar no Boletín Oficial da Provincia de Coruña a Resolución da pola que se aproba a listaxe definitiva das persoas admitidas-excluídas no proceso para estabilización do emprego temporal do posto de “Asistente/a social”, detectando unha falta de adaptación á nomenclatura das categorías profesionais vixentes na actualidade, solicitamos a súa aclaración e/ou corrección en relación á praza de Traballo Social. (+info)
- Recurso de reposición ao Concello de Ferrol por non incluír a titulación de Traballo social no posto de Orientación laboral
- Tras as numerosas consultas e solicitudes das persoas colexiadas respecto ao uso do seu certificado dixital persoal na súa labor profesional, este colexio profesional está a traballar en conxunto coa Xunta de Galicia a prol da mellora e cambio desta situación.
O COTSG NOS MEDIOS:
- Ana Vilar, vicepresidenta do Colexio de Traballo Social, participa na reportaxe da Voz de Galicia onde se plasma que, a pesar dos esforzos en reducir a burocracia, a espera segue sendo de alrededor dun ano. Le a nova: https://www.lavozdegalicia.es/…/0003_202406G23P4995.htm
-
A situación dos retrasos na valoración das persoas con discapacidade en Galicia é insostible.
XORNADAS:
I XORNADAS DE TRABALLO SOCIAL EDUCATIVO: A peza que falta!
Non te perdas a mesa debate e as ponencia de Dolores Soler:
O BLOG DO COTSG:
- Dolores Soler é traballadora social e posúe unha extensa experiencia no ámbito educativo e social. Exerce a súa labor profesional na Unidad Especializada de Orientación de Alicante da Consellaría de Educación de la Generalitat Valenciana. Aproveitamos que estivo en Galicia, onde participou na I Xornada de Traballo Social Educativo: A peza que falta! o 27 de abril para que nos contara algo máis da presenza da nosa profesión no sistema educativo (prema aquí para ver a entrevista)
- Santiago Legaspi Irimia é traballador social con anos de experiencia profesional coa mocidade, como activista en prol dos dereitos das persoas LGTBI+ e con diferentes intervencións técnicas para achegar a práctica do Traballo Social á realidade das diversas orientacións e identidades sexuais. Aproveitando a semana do orgullo, falamos con el (prema aqui para ver a entrevista)