CONCLUSIÓNS: IV xornadas de Traballo Social e Saúde
Data: Xuño 15, 2024

Informe de Conclusións

IV Xornadas de Traballo Social e Saúde:

Saúde, comunidade e Traballo Social sanitario

Venres, 10 de maio de 2024

 

As IV Xornadas de Traballo Social e Saúde foron un espazo de reflexión e aprendizaxe, onde se abordaron temas cruciais para a práctica do traballo social no ámbito da saúde. A continuación, preséntanse as principais conclusións e recomendacións extraídas das sesións e debates realizados durante estas xornadas.

  1. Modelo de Atención Comunitaria:
  • É imprescindible o modelo de atención comunitaria para a saúde e o benestar das persoas.
  • O obxecto da saúde comunitaria é abordar os determinantes sociais da saúde a través da participación activa da comunidade con enfoque multisectorial.
  • Precísase a implicación das e dos responsables políticos, académicos, profesionais e da cidadanía.
  • Os responsables da xestión sanitaria teñen que promover estratexias estruturais que promovan e organicen a acción comunitaria en todos os dispositivos de saúde de Galicia.
  • No ámbito académico, é preciso reforzar as competencias dos e das futuras profesionais do traballo social na atención comunitaria e nos determinantes sociais da saúde.
  • Igualmente, as/os traballadores sociais temos a responsabilidade de planificar e desenvolver accións que favorezan as equidades en saúde.
  • A implicación da administración local é imprescindible nos procesos de saúde comunitaria.
  • Os e as profesionais debemos por en valor todo o que se está facendo camiñando cara a formación e corrección metodolóxica que debe garantir a estratexia de saúde.

 

  1. Cronicidade, Dependencia, Discapacidade e Necesidade de Coidados:
  • Gran parte da actividade das e dos Traballadores de saúde está enfocada á cronicidade, dependencia, discapacidade e necesidade de coidados.
  • É preciso un modelo de coidados que os visualice, de valor e organice a distribución de responsabilidades: Redución, redistribución, representación, recoñecemento e remuneración.
  • As administracións teñen que desenvolver modelos de coidados que respecten a autonomía de decisión e valores das persoas xerando recursos próximos e de calidade nas contornas significativas das persoas. Non vale a institucionalización para todos/as.
  • Os e as traballadoras sociais temos que tomar partido, non podemos ser cómplices dos mandatos institucionais que anulan as vontades das persoas.
  • O cambio de modelo comeza na escoita dos valores e desexos da persoa.
  • Os e as traballadoras sociais sanitarias non podemos seguir transmitindo o mandato patriarcal de xénero que perpetúa e relega ás mulleres como coidadoras principais.
  • É necesario por o foco de xénero nos coidados, mirar cara dentro e reflexionar sobre o autocoidado.
  • Non ocultar a dor. Non podemos silenciar as vulnerabilidades nin culpabilizar o autocoidado.

 

  1. Infancia e Saúde Mental:
  • Son temas complexos e de especial relevancia no traballo social sanitario a infancia e a saúde mental.
  • Precisamos coordinación con toda a rede sociosanitaria.
  • Importante desenvolver estratexias para romper o círculo da pobreza hereditaria.
  • Romper a herdanza das barreiras sociais que perpetúan as desigualdades no desenvolvemento persoal e social dos nenos e nenas, e despois na adultez.
  • O social ten que estar presente no ámbito educativo que é onde se visualizan as barreiras no desenvolvemento.
  • A pobreza infantil é invisible e condiciona a saúde das persoas toda a vida. É preciso abordala con medidas estruturais.
  • Vivir en estrés vital crónico afecta a todas as áreas da personalidade.
  • Precísase equilibrio entre o coidado dos demais e o propio.

 

Para Rematar:

  • Os e as profesionais temos obriga de facer:
    • Comunidade para superar as barreiras estruturais.
    • Precisamos recursos comunitarios que dean resposta ás inequidades.
    • Políticas integrais que compensen as desigualdades.

Finalmente:Queremos solidarizarnos coas compañeiras dos servizos sociais municipais. Denunciamos o desmantelamento dos servizos sociais do concello de Ourense imprescindibles para o noso traballo en rede en prol da saúde comunitaria.