Entidade Ofertante
Entidade Ofertante
Por Resolución de Alcaldía de data 14 de decembro de 2023, aprobáronse as bases que rexerán o proceso selectivo para a cobertura mediante oposición de 1 praza de Traballador/a Social a xornada completa e de duración máxima de 6 meses como persoal temporal ao abeiro das subvencións da Xunta de Galicia para transferencias finalistas para o cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios de titularidade municipal regulada no decreto 99/2012, do 16 de marzo e a creación de bolsa de reserva. As bases reguladoras estarán expostas na páxina web e na sede electrónica do Concello de Pol, así como no taboleiro de anuncios da Casa Consistorial. O prazo de presentación de solicitudes será de 5 días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación do presente anuncio
