Actividades de autocoidado do COTSG: un sábado ao mes de novembro a xuño 
Data: Novembro 23, 2024

No marco da súa liña de autocoidado, o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia retoma este trimestre as súas actividades da lareira social. Ofrécese un grupo continuado de apoios, baixo o nome de “Arte para os coidados grupais”, impartido por Andrea Alfaya.  

As sesións serán presenciais un sábado ao mes, de 10.30 a 13.30, na sede do COTSG en Santiago de Compostela, de novembro a xuño. O grupo comezará o 11 de novembro, desenvolvéndose as seguintes sesións de acordo a este calendario: 16 de decembro, 20 de xaneiro, 17 de febreiro, 16 de marzo, 20 de abril, 11 de maio e 8 de xuño.   

O grupo terá un custo de 30 euros por persoa, incluíndo todas as sesións. As persoas integrantes dos grupos de traballo ou das comisións do COTSG beneficiaranse da inscrición gratuíta.  

As inscricións poden xestionarse na tenda online do COTSG. As persoas integrantes dos grupos de traballo ou comisións do COTSG deben escribir previamente ao e-mail grupodetraballo@traballosocial.gal para beneficiarse da gratuidade.