Entidade Ofertante

Monitor/a

Entidade Ofertante

Concello de Ribadeo
Descrición do posto:
1 Persoa monitora para o certificado de profesionalidade de 𝐀𝐭𝐞𝐧𝐜𝐢ó𝐧 𝐬𝐨𝐜𝐢𝐨𝐬𝐚𝐧𝐢𝐭𝐚𝐫𝐢𝐚 𝐚 𝐩𝐞𝐫𝐬𝐨𝐚𝐬 𝐝𝐞𝐩𝐞𝐧𝐝𝐞𝐧𝐭𝐞𝐬 𝐞𝐧 𝐢𝐧𝐬𝐭𝐢𝐭𝐮𝐜𝐢ó𝐧𝐬 𝐬𝐨𝐜𝐢𝐚𝐢𝐬
Duración do contrato: 12 𝐦𝐞𝐬𝐞𝐬
Xornada completa
Inscrición ata o 4 de setembro
Os requisitos son os seguintes:
· Titulación:
– Diplomatura Educación Social, Diplomatura Traballo Social, Diplomatura Enfermería ou Licenciatura en Psicoloxía Psicopedagoxía, Licenciatura en Medicina ou titulación de grao correspondente ou outros títulos equivalentes.
 – Titulo de Técnico superior da familia de profesional de Servicios Socioculturais e á Comunidade.
– Certificado de Profesionalidade de nivel 3 da área de Atención Social da familia profesional de Servizos socioculturais e á Comunidade.
– No caso de non contar con ningunha das titulacións anteriormente indicadas: posuír 3 anos de experiencia laboral no eido das unidades de competencia da cualificación profesional de referencia (coidador/a de persoas dependentes en institucións, xerocultor/a, coidador/a de minusválidos físicos, psíquicos e sensoriais, …) e ter impartido como mínimo este certificado de profesionalidade de maneira íntegra.
· Experiencia laboral mínima de 12 meses no eido das unidades de competencia da cualificación profesional de referencia (coidador/a de persoas dependentes en institucións, xerocultor/a, coidador/a de minusválidos físicos, psíquicos e sensoriais, …)
· Posuír competencia docente (CAP, Master formación profesorado, Certificado de profesionalidade de formador ocupacional, Certificado de profesionalidade de docencia da formación profesional para o emprego)
· Carnet de conducir B
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
As solicitudes poderán presentarse directamente a través do rexistro do Concello de Ribadeo, ou a través da sede electrónica da entidade: www.ribadeo.gal. Se a documentación se presentase a través do rexistro doutra administración deberá comunicarse este extremo ao Concello por fax, correo electrónico ou por escrito aos efectos de poder coñecer tal presentación.
O prazo de presentación de solicitudes esténdese ata o día 4 de setembro de 2023
As bases están publicadas na Sede Electrónica do Concello de Ribadeo: https://ribadeo.sedelectronica.gal/board

20230830_Comunicación_ANUNCIO CONVOCATORIA MONITORADO TECENDO COIDADOS (1)

Tipo de emprego: Público
Ir a oferta:
Localización: Ribadeo

Contacto