O Traballo Social galego, presente na II Edición da Escola de Verán do Consejo General del Trabajo Social
Data: Xullo 17, 2024
A presidenta do COTSG, Miriam Rodríguez, a vicepresidenta, Ana Vilar, e o tesoureiro, Antonio Doval, participaron a pasada fin de semana na II Edición da Escola de Verán do Consejo General del Trabajo Social. No evento, baixo o lema “Cuidar/nos para el bienestar y la calidad profesional”, participaron tamén profesionais galegas, que contaron cunha bolsa do COTSG para financiar a súa inscrición.  

O val do Baztán na localidade navarra de Lekaroz acolleu as xornadas, nas que o autocoidado profesional, unha das liñas de traballo do COTSG, foi transversal ás distintas actividades e obradoiros.  

Inauguración do curso, con Emiliana Vicente, presidenta do Consejo General de Trabajo Social.

 

O evento celebrouse no Val do Baztán, unha zona coñecida pola beleza da súa natureza

A cita, organizada conxuntamente co Colegio Oficial de Trabajo Social de Navarra, contou coa participación de profesionais do Traballo Social de distintos puntos de España. O evento, sinalado como un “éxito” polo propio Consejo General, foi unha oportunidade para compartir coñecemento e experiencia con profesionais doutros lugares.  

A través de obradoiros en pequenos grupos, as persoas participantes reflexionaron sobre os tres eixos esenciais do evento: coidarnos para coidar, o coidado grupo e a ética do coidado. A relevancia da profesión noutros ámbitos, así como a creación de espazos onde 

compartir as inquedanzas sobre o Traballo Social, foron outros dous obxectivos cumpridos do eventos.  

A II Escola de Verán completouse con distintos eventos de carácter cultural, así como visitas turísticas a esta zona de Navarra. O Consejo General publicou a crónica desta fin de semana, que se pode consultar aquí.

O COTSG traslada o seu agradecemento á organización desta edición, remarcando o beneficio destes eventos para o crecemento e a unidade da profesión.  

Imaxe dun dos obradoiros