O COTSG imparte charlas ao alumnado do Grao en Traballo Social
Data: Xullo 17, 2024

A pasada semana, o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia visitou ao alumnado galego que cursa os últimos cursos do grao en Traballo Social. Concretamente, as técnicas do COTSG, Lorena Lamas e María Olivares, impartiron unha charla na Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago e na Facultade de Traballo Social no campus de Ourense da Universidade de Vigo.

Durante as charlas, as técnicas do COTSG trasladaron ao alumnado as distintas saídas profesionais do Traballo Social, así como as oportunidades formativas. Tamén aproveitaron para informar ao alumnado sobre as funcións do COTSG e os beneficios que supón a colexiación.

Dende o COTSG, agradécese ao alumnado o interese nestes relatorios, así como aos centros pola acollida.