WEBINAR do CGTS | “Diferencias entre el informe social y el informe social forense en la nueva ley de Discapacidad”
Data: Xullo 17, 2024

Mañá, mércores 12 de abril, ás 17:00, terá lugar o webinar “Diferencias entre el informe social y el informe social forense en la nueva ley de Discapacidad” na canle de Youtube do Consejo General del Trabajo Social. A asistencia é de balde, mais a inscrición é obligatoria. Poderá realizarse nesta ligazón. Na cita participará Ana Vilar, vicepresidenta do COTSG e vogal do CGTS.

Neste seminario en liña tratarase a Lei 8/21, do 2 de xuño, pola que se reformou a lexislación civil e procesal para o apoio ás persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica. Con este motivo reunirase a traballadoras sociais expertas, que ofrecerán un espazo de coñecemento sobre o novo requisito dun informe social para realizar a provisión de apoios a persoas con discapacidade previsto na Lei.

Tamén aportarán claridade sobre o marco diferenciador entre a elaboración dun informe social e dun informe pericial dentro do marco da nova Lei. Por último, proporase unha reflexión sobre o marco e os contidos diferenciadores que corresponden ás traballadoras sociais forenses e cales ás demais profesionais do traballo social.

Participarán no seminario web: Emiliana Vicente González, presidenta do CGTS; Marta Simón, vogal do CGTS; Ana Vilar, vicepresidenta do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia e vogal do CGTS; e Raquel Ortega, traballadora social no Instituto de Medicina Legal y Ciencias Forenses de Madrid. Despois das intervencións haberá tempo para debatir a través do chat.

Unha vez realizada a inscrición a través da web, enviarase ás persoas participantes por correo electrónico o acceso á sesión formativa por correo electrónico. Poderase contactar coa organización a través do correo formacion@cgtrabajosocial.es e no teléfono 915415776.