O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia anima ás persoas colexiadas a propoñer candidaturas para os premios e distincións da Unión Profesional de Galicia 2023. A convocatoria busca premiar a profesionais que fosen exemplares no exercicio da súa profesión, que velasen pola excelencia na prestación de servizos á sociedade, que destacasen pola súa contribución ao prestixio da súa profesión e que traballasen para transmitir á sociedade galega os valores das mellores prácticas profesionais por encima de intereses particulares.
As persoas interesadas poden propoñer candidaturas ata o vindeiro venres 24 de marzo. Prégase que as propostas estean fundamentadas e xustificadas baixo a seguinte premisa:
Profesionais que fosen exemplares no exercicio da súa profesión, que velasen pola excelencia na prestación de servizos á sociedade, que destacasen pola súa contribución ao prestixio da súa profesión e que traballasen para transmitir á sociedade galega os valores das mellores prácticas profesionais por encima de intereses particulares .
As propostas enviaranse por e-mail a: info@traballosocial.gal