Sube as túas fotos da Manifestación do 8M!
Data: Novembro 25, 2024

BASES DO CONCURSO DE  FOTOGRAFÍA 8M

Primeira.- Obxecto

O  Grupo de Traballo de Traballo Social e Feminismos “AS SEMENTEIRAS” en colaboración do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) pon en marcha un concurso de Fotografía para mostrar a realidade feminista nas diferentes manifestacións levadas a cabo este 8 de marzo de 2023 nas localidades galegas, así como animar á colexiatura a asistir como axentes de cambio ás diversas mobilizacións.

Segunda.- Persoas destinatarias

Poderán optar ao concurso as persoas físicas que cumpran cos seguintes requisitos:

  • Estar de alta como colexiada ou precolexiada.
  • Aceptar integramente as presentes bases así como a resolución por parte da organización de calquera problema non recollido nas mesmas.

Terceira.- Requisitos e características das Fotografías:

  1. Para PARTICIPAR no Concurso hai que cumprir as premisas seguintes:
    1. Subir fotografía da Manifestación 8M:
      • Seguir ao Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia en “instagram” e/ou “Facebook”
      • Etiquetar ao Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia na fotografía subida en “instagram” e/ou “Facebook”, usando a modalide de “stories” ou no “feed”.
      • As fotografías deben de ir acompañadas do hashtag: #SementeirasCotsg #8M
      • Enviar a fotografía ao correo: sementeiras.traballosocial@gmail.com (explicado no apartado 4)
    2. Non poderán presentarse fotografías que xa foran presentadas noutros concursos nin ter sido publicadas en redes sociais.
    3. Poderanse usar dúas fotografías como máximo, en “instagram” e/ou “facebook” ou a ambas redes.
    4. Valorarase, entre outros aspectos, a innovación da iniciativa, a orixinalidade, ademais da súa proxección e impacto.
    5. No caso do uso de imaxe de crianzas, será responsable de dito uso da imaxe a persoa participante no concurso ou non se aceptarán imaxes nas que aparezan menores.
    6. As fotografías serán compartidas nas diferentes redes do Colexio.

 

Cuarta.- Prazo e lugar  de presentación de solicitudes

Para conseguir o  premio, as persoas que suban as súas fotografías deberán achegalas ao correo sementeiras.traballosocial@gmail.com, seguida da seguinte información:

  • Título e breve exposición da Fotografía
  • Nº de colexiación
  • Nome e Apelidos da persoa participante
  • Teléfono de contacto

O prazo de presentación ata o 9 de Marzo ás 00:00h.

A partir do día 10 de Marzo publicaranse tódalas fotos nas redes sociais do COTSG e procederase ao reconto dos “Me gusta” nas redes para nomear o gañador/a.

Quinta.- Premios e voto

  1. A partir do día 10 de marzo publicaranse todas as fotos enviadas ao correo electrónico na rede “FACEBOOK” onde se establecerá unha categoría:
  • A mellor fotografía máis votada será a gañadora
  1. As persoas participantes gañadoras serán notificadas a través do COTSG, obtendo como premio un lote de produtos do colexio que teñan que ver cos feminismos e coa profesión do Traballo Social.

Sexta.- Responsabilidade e cesión de dereitos

A organización do concurso non se responsabiliza dos prexuízos que, a pesar das medidas de seguridade adoptadas nestas bases, poidan aparecer por uns contidos inadecuados. A participación no concurso e aceptación das presentes bases implica a cesión á organización dos dereitos de reprodución, exhibición, comunicación pública e transformación de todas as imaxes presentadas.