Entidade Ofertante
Entidade Ofertante
Por Resolución da Alcaldía número 2023-0053, do día 2 de febreiro de 2023, aprobáronse as bases reguladoras para a creación dunha bolsa de emprego de traballador/a social, persoal laboral temporal, para os efectos de cubrir necesidades transitorias que requiran puntualmente a contratación de persoal laboral para realizar substitucións por ausencias de persoal, incapacidade laboral transitoria, permisos ou licenzas.
– Modalidade de contratación: contratación laboral temporal.
– Xornada: xornada completa.
– Servizo: Servizos Sociais, traballador/a social.
– Sistema de selección: concurso.
– Duración do contrato: segundo a necesidade de contratación
– Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: 5 días hábiles, que contarán a partir do seguinte ao de publicarse este
anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do Concello, de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 h, ou polas outras formas que establece a Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas
