O COTSG vén de presentar demanda impugnando a RPT do Concello de Vilagarcía, as motivacións esenciais para tomar esta decisión foron as seguintes:
- Non axustarse á puntuación asignada aos postos de Traballo Social en relación a outros postos de traballo.
- Vulneración do principio de igualdade ex.artigo 14 CE, na súa vertente de discriminación indirecta por razón de sexo.
O COTSG encóntrase en espera de resposta a esta demanda, seguiremosvos informando deste e outros procesos que se están a impulsar dende a área de defensa da profesión.