No día de hoxe o COTSG reuniuse co presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, D. José María Gómez y Díaz-Castroverde, desta xuntanza é destacable:
- O consenso entre ambos organismos na idea de que a problemática de saturación que atravesa o IMELGA, é un problema estrutural e por tanto non se pode resolver mediante actuacións puntuais, como firmas de convenios ou contratacións temporais.
- O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ao igual que este colexio profesional, aposta por reforzarlo de maneira permanente e, deste xeito, crear un sistema de xustiza forte no que prime a calidade da atención á totalidade da cidadanía.
- Tamén se transmitiu unha das propostas desta Xunta de Goberno á Dirección Xeral de Xustiza: As Oficinas de Atención Social, modelo que xa funciona na Comunidade Valenciana.
- En canto aos informes sociais sobre valoración de apoios, difundirase ao corpo xudicial o modelo unificado que proximamente se compartirá en MATIASS, seguindo o modelo que xa está dispoñible (Modelo de Madrid elaborado por Marta Cubero García e Belén Novillo García).