O próximo 10 de novembro ábrese o prazo para a convocatoria 2023 do Programa de Intercambio Internacional para Traballadores Sociais do C.I.F. (Council of International Fellowship). Esta organización sen ánimo de lucro está xestionada por persoas voluntarias e foi fundada en 1960 co obxectivo de promover o intercambio profesional e cultural de profesionais dos servizos sociais, en especial de traballadores sociais nun período de tempo.
Os países que participan no intercambio, as datas de realización do mesmo en cada un destes, o número de participantes e as condicións económicas poderán consultarse en https://cifinternational.com/programs
O prazo de presentación de solicitudes para as persoas residentes en España que queiran participar neste intercambio no ano 2023 empeza o 10 de novembro e finaliza o 24 de novembro de 2022.
As datas do programa varían dependendo do país, non obstante as persoas de España interesadas en participar neste programa deberán presentar as solicitudes nas datas establecidas. Se algún dos países anticipase o seu proceso de selección ás datas establecidas desde CIF en España, publicaranse as modificacións oportunas.
Este programa non é unha oferta de inserción laboral para traballadores/as sociais en situación de desemprego, é unha proposta para o intercambio de experiencias profesionais e persoais en contextos socioculturais diferentes, polo que é necesario estar a traballar como traballador/a social (ou facelo recentemente) e ter un mínimo de dous anos de experiencia profesional.
Documentos necesarios e informativos desta convocatoria:
Pregunas frecuentes CIF SPAIN 2023
Para maior información: https://cifinternational.com/
Mail de contacto: seleccioncifspain@gmail.com