O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia quere incentivar a participación das persoas colexiadas e ao mesmo tempo, divulgar a súa labor profesional entre a sociedade. Para iso, organiza estes premios de carácter anual co propósito de contribuir a acadar ambos fins.
O COTSG premiará no vindeiro ano 2023, unha investigación, un traballo de fin de grao (TFG) ou fin de máster (TFM) e unha experiencia de boa práctica realizada na Comunidade Autónoma de Galicia. Todas elas relacionadas coa disciplina do traballo social.
Só se poderá concurrir a unha das modalidades.
Prazo límite para a remisión de solicitudes: 27 de xaneiro de 2023.
Accede ás bases destes premios aquí
Esperamos a túa candidatura con moita ilusión!