Actividades levadas a cabo neste mes
- 03/10/2022 Reunión arredor da área económica do COTSG- Tesourería
- 10/10/2022 A coordinadora do COTSG, Nerea Fernández, asiste ao acto de presentación do Protocolo de prevención e actuación nos ámbitos sanitario e educativo ante o risco suicida infanto-xuvenil.
- 17/10/2022 Reunión para avanzar cos preparativos de cara a un acto en conmemoración polo 25 anos da Revista Galega de Traballo Social: Fervenzas.
- 18/10/2022 Emi Vicente presidenta do CGTS e Ana Vilar vogal do CGTS e vicepresidenta do COTSG, acudiron ao evento de peche do proxecto desenvolto polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 e a Dirección Xeral de Apoio ás Reformas Estruturais (DG-REFORM) da Comisión Europea para a Reforma do Marco Estatal de Provisión dos Servizos Sociais en España, no que se contou coa asistencia técnica da OCDE.
- 18/10/2022 Reunión de Xunta de Goberno co punto a tratar: Gala do Día Mundial do Traballo Social 2023.
- 20/10/2022 Belen Vázquez, suplente da Xunta de Goberno do COTSG, asiste a Comisión Permante do Consello de Saúde da Coruña.
- 25/10/2022 Reunión para definir novas liñas de traballo e formación dentro do espazo de autocoidado do COTSG: A Lareira Social.
- 26/10/2022 Celebración da Xunta de Goberno Ordinaria deste mes.
- 27/10/2022 Pablo Antelo, Vogal do COTSG, asiste ao Pleno do Consello de Inclusión Social de A Coruña.
Defensa da profesión
- O COTSG solicita á Xunta que se proceda á resolución definitiva da OPE
- Alegacións do COTSG aos Xulgados de Primeira Instancia: Lei 8/2023 de apoio ás persoas con discapacidade
- Escrito a Consellería de Cultura, Educación e Universidade arredor do Protocolo de prevención e actuación nos ámbitos sanitario e educativo ante o risco suicida infanto-xuvenil
- Recursos:
- Concello de Lousame: Recurso potestativo de reposición.
- Concello de Ponte Caldelas: Escrito para a cobertura de praza.
- Concello de Carballo: Recurso potestativo de reposición.
Grupos
- 06/10/2022 Reunión Grupo de Traballo Social e Feminismos
- 24/10/2022 Reunión extraordinaria Grupo de Exercicio Libre
A formación en outubro
Iniciáronse as seguintes accións formativas:
• “Atención integral a persoas maiores ao final da via” na que participan 25 profesionais.
• “Intelixencia Emocional aplicada ao C.Deontolóxico do T. Social”, con 25 persoas participantes.
• “Informe social e diagnóstico social”, con 30 profesionais.
Remataron as seguintes accións formativas:
• “Peritaxe Social Forense con menores_3ª ed.” que contou con 25 persoas.
• “Apuntes prácticos para a elaboración de informes sociais” realizado en colaboración coa FEGAMP no que participaron 30 persoas.
Continúa aberto o prazo de inscrición para outras accións formativas/webinars do COTSG que se van desenvolver no derradeiro trimestre do ano:
• Pílula formativa online [Ferramentas para a docencia non presencial]
• Obradoiro de autocoidado [A Síndrome da Impostora. Ferramentas para enterrar á nosa impostora]
• Obradoiro de autocoidado [Un encontro, un vínculo. Desgaste por empatía]
Publicáronse 49 accións de formación, externas ao COTSG, de interese para a profesión.