O COTSG solicita á Xunta que se proceda á resolución definitiva da OPE
Data: Novembro 25, 2024

Por Resolución da Consellería de Facenda, publicada no DOG en data de 8 de novembro de 2019, foron aprobadas as bases para a convocatoria do Proceso Selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da escala de Técnicos Facultativos de Servizos Sociais, especialidade Traballo Social, sen que a día hoxe, tres anos máis tarde, o devandito proceso selectivo fora resolto e sen que tampouco existan previsións de que a súa finalización sexa proximamente.

Como consecuencia de esta demora extraordinaria e inxustificada na resolución do procedemento, son constantes as reclamacións e queixas que por parte das persoas interesadas no mesmo están a chegar a este Colexio profesional, en virtude do cal e por medio do presente escrito, solicitamos que coa maior celeridade posible se proceda á resolución definitiva do proceso selectivo dando cumprimento aos principios de eficacia e eficiencia que deben presidir toda a actuación da Administración Pública.