XXI Simposio da Red Renta Básica. Renda Básica: Colocando a vida no Centro, que este ano terá lugar en Galicia; concretamente, no Paraninfo da UDC, en A Coruña, os días 28 e 29 de outubro.
María Xosé Vázquez participará como representante do COTSG na Mesa 3 baixo o título “O Impacto Da Renda Básica nas profesións do social”
Os colectivos de Renda Básica de Galicia traballan a favor da Renda Básica como unha idea de transformación e xustiza social. Están presentes en varias localidades do país, A Coruña, Betanzos e Santiago de Compostela, e temos un obxectivo común: difundir e xerar debate público sobre a Renda Básica para a súa implantación o antes posible
Atoparedes máis información e o formulario de inscrición do XXI Simposio en www.rendabasica.gal
E se queredes saber máis sobre a Renda Básica Universal: www.redrentabasica.org