Programa de formación: Galegas Dixitais
Data: Decembro 22, 2024

GALEGAS DIXITAIS é un programa de formación gratuíto dirixido principalmente a mulleres desempregadas de municipios con menos de 30.000 habitantes das provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra e promovido pola Xunta de Galicia co financiamento da Unión Europea NextGenerationEU a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

O programa, organizado por Beproject Consultores e Ara Formación, ten como obxectivo principal mellorar as capacidades dixitais das participantes.

Podes consultar toda a información aquí