O COTSG vén de interpoñer un Recurso contencioso – Administrativo fronte á Resolución do Director Xeral de Función Pública da Consellería de Facenda e Administración Pública notificada o día 30 de maio de 2022, en virtude da cal desestiman o Recurso de Reposición formalizado fronte á Resolución do 18 de febreiro de 2022 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia que aproba a modificación da relación de postos de traballo referente ao proceso de funcionarización do persoal laboral da Xunta de Galicia.
Os puntos reclamados son os seguintes:
- Vulneración do principio de igualdade: Diferencias retributivas arbitrarias e non xustificadas nos postos de Traballo Social.
- Falta de motivación do acto: Necesidade de elaborar unha valoraciónou avaliación dos concretos postos de traballo para a determinación do seu complemento de destino e específico.
- Modificación substancial da natureza de postos de Traballo Social.
- Inxustificada amortización de prazas esenciais de Traballo Social (as prazas dos Equipos de Orientación nos Centros Escolares).