O Colexio Oficial de Traballo Social (COTSG) pon en marcha a segunda edición do concurso para a creación e deseño de portada e contraportada para as Axendas COTSG 2023, co obxectivo de promover e difundir a esencia do Traballo Social, o compromiso ético e a defensa dos valores e principios do Traballo social, en definitiva, reivindicar a esencia da nosa figura profesional.
O Premio consistirá en participar gratuitamente nalgún dos cursos do COTSG 2022-2023, ademais de aparecer na portada e/ou contraportada da Axenda do COTSG 2023.
Podes consultalas bases completas do concurso no documento adxunto que se presenta a continuación: