Logo de ter coñecemento da falta de cobertura do posto de Xefa de Servizo de Traballo Social na Área Sanitaria de Ferrol, e ante a relevancia das funcións que desenvolve este posto de traballo así como a grave crise sanitaria derivada da pandemia da COVID-19, considerando que esta falta de cobertura provoca un menoscabo innegable na atención prestada á cidadanía que require a adopción de medidas con carácter de
urxencia.
O Traballo Social sanitario é imprescindible para que o sistema público poda proporcionar unha verdadeira atención integral á saúde da poboación, polo que a falta de cobertura da Xefatura de Servizo de Traballo Social supón un detrimento inxustificable para toda a cidadanía afectada, xa que este posto de traballo incide directamente na xestión diaria do Servizo ao desenvolver funcións esenciais e implicar toda a organización e coordinación sociosanitaria das unidades de traballo social da Área Sanitaria.
En virtude do anterior, reitérase e solicítase por parte deste Colexio Profesional que, con carácter de URXENCIA, se dote dos recursos humanos necesarios para poder prestar e levar a cabo un servizo de calidade na atención sociosanitaria, continuando co exemplo das demais áreas sanitarias de Galicia procedendo á COBERTURA DA XEFATURA DE TRABALLO SOCIAL NA ÁREA SANITARIA DE FERROL.