Convocatoria para a creación dunha Mesa de Traballo sobre a nova normativa de apoio a discapacidade 8/2021
Data: Novembro 26, 2024

Coa entrada en vigor da Lei 8/2021, de 2 de junio, pola que se reforma a lexislación civil e procesal para o apoio ás persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica, xerouse a necesidade de dar resposta a varias cuestións que esta normativa expón. Con este obxectivo, exponse esta convocatoria.

Traballaremos para definir o papel do Traballo Social nesta normativa, a formación adecuada para a súa aplicación, e tamén dando resposta ás diferentes actuacións que se vaian dando desde as administracións públicas.

Se tes experiencia nos ámbitos de saúde mental, servizos sociais comunitarios e/ ou discapacidade e dependencia e queres formar parte desta mesa de traballo envía un  mail a:  grupodetraballo@traballosocial.gal  expoñendo a  túa  vontade de formar parte.