ARELAS presenta o programa: “Sí, Somos: Programa de acompañamento e atención integral a xóvenes LGTBI+ e familias de Galicia”
Data: Decembro 23, 2024

Este programa tratará de dar resposta de maneira integral e con perspectiva interseccional as necesidades de tipo persoal, social, psico-sexolóxico, xurídico e legal de menores LGTBI+ de Galicia que poden estar sufrindo situacións de violencia, discriminación, estigmatización e exclusión social. Tamén será un lugar de referencia para aquelas familias e profesionais que desexan información-formación para un mellor apoio e acompañamento destas crianzas e xóvenes.

Entre os obxectivos deste programa están:

  • Procurar información, acompañamento e asesoramento sobre orientación e/ou identidade sexual á mocidade LGTBI+ de Galicia, as súas familias e sociedade en xeral.
  • Realizar un seguemento e intervención especializada desde diferentes áreas de atención (persoal, social, psico-sexolóxica e xurídica-legal) da mocidade LGTBI+ e familias.
  • Retectar casos de discriminación directa ou indirecta das persoas por razón da súa orientación e/ou identidade sexual en todos os ámbitos da vida e para actuar nos devanditos casos.
  • Ofertar formación e actuacións de sensibilización sobre as persoas LGTBI+ e contra a LGTBIfobia a profesionais e a toda a cidadanía en xeral, poñendo o acento nas administracións, recursos e centros educativos do rural de toda Galicia.

Neste programa tamén ofertamos un lugar de encontro e creación de experiencias en modo de grupos de apoio mútuo entre pares, obradoiros e actividades ao aire libre en entornos seguros e transpositivos.

Para as persoas que queiran formar parte deste programa ou desexen máis información, deben contactar ao mail: arelasasociacion@gmail.com, ou ben mandando un whatsapp ou chamando ao 686 160 465, en horario de luns a venres de 10:00-14:00 e de 17:00-20:00 H.