O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia vén de reunirse co Xerente do Sergas, José Flores Arias, para trasladarlle a necesidade de medidas que melloren a atención sanitaria mediante estratexias que aborden de xeito integral as necesidades das persoas, dende o contexto familiar, social e comunitario.
- Solicítase o reforzo dos servizos de traballo social de forma homoxénea en todas áreas sanitarias, proporcionando unha cobertura axeitada e garantindo a intervención social nos distintos programas sanitarios dentro dos equipos profesionais e desta maneira, poder prestas e levar a cabo un servizo de calidade.
- Garantir a presenza das e dos profesionales do Traballo Social na planificación das políticas sanitarias. Debe asegurarse a súa participación na creación de Protocolos, Plans e Proxectos, así como na elaboración de documentación (elaboración de guías, procesos asistenciais, etc.) garantindo a integración da perspectiva social.
- Así mesmo, solicitouse a modificación do decreto en canto a dependencia funcional dos servizos de traballo social. O colectivo profesional traslada ao servizo de saúde que o Traballo Social sanitario é unha profesión asistencial integrada nos equipos de traballo, concretamente nun ámbito no cal se intervén directamente con persoas, familias e comunidades, polo tanto consideramos que a dependencia funcional nun servizo administrativo pode resultar incompatible co exercicio da nosa profesión. Solicitamos representación dentro das estructuras de servizos centráis do Servizo Galego de Saúde.
- Reiterámonos na petición de que as e os Traballadores sociais que conforman a Rede de Condutas aditivas de A Xunta de Galicia, integradas funcionalmente no SERGAS, se lle autorice o acceso á historia clínica IANUS, como ao resto do equipo destas unidades, e desta maneira evitar que esta eiva repercuta gravemente nas persoas usuarias e no propio equipo interdisciplinar.
- É preciso destacar a contribución do colectivo profesional nos procesos finais de vida, tanto no acompañamento social neses momentos, como na formalización do documento de instruccións previas, así como o asesoramento e apoio ás e aos profesionais intervintes.
- Finalmente salientamos, que logo da entrada en vigor da Lei Orgánica 3/2021 de Regulación da Eutanasia, dende o colectivo profesional do Traballo Social sanitario ponse en coñecemento da xerencia do Sergas, a necesidade de ter presenza tanto no desenvolvemento como na posta en marcha e posterior seguemento da norma na nosa comunidade, liña de traballo que deberá de potenciarse no futuro máis inmediato.